Rúa Xián 8, 27296. Lugo, Galicia

XORNADAS DE LECER MATEMÁTICO

Como tódolos anos, Galén xa tiña todo preparado para celebrar as súas xornadas matemáticas. Pero debido á grave situación pola covid-19, tivemos que aprazalas.

Se algo caracteriza ao centro nestes momentos, é o intentar dar á máxima normalidade posible ao noso alumnado nesta situación excepcional, por iso seguimos traballando non só coa parte académica, senón tamén con todas esas actividades que levamos a cabo no día a día e tanto nos diferenzan.

O pasado venres 22, celebramos o día das matemáticas có noso alumnado dende primeiro de infantil a cuarto de ESO, realizando un Escape Room Educativo, pero esta vez, Online.  Buscamos crear dinamismo e incentivar a motivación do alumnado con actividades que van máis alá da formación e que nos permiten desenrolar experiencias educativas memorables nos rapaces e rapazas, polo que ademáis dos Escape Room, ao longo do día se enfrontaron a numerosos retos matemáticos, resoltos todos, con éxito.