O pasado 12 de xuño realizamos en Galén unhas xornadas de enriquecemento curricular. O alumnado de 5º EP a 2º ESO distribuíuse polos diferentes obradoiros á súa elección; gastronomía molecular, orientación e supervivencia, a maxia das palabras, e arte e sombras chinescas. Durante toda a xornada compartimos a actividade internivelar con profesorado de distintas disciplinas e diferentes etapas. Enfornamos coas matemáticas e a química , fixemos uns postres riquísimos á altura de Masterchef, percorrimos a fraga e aprendemos os recursos que nos ofrece para a supervivencia, potabilizamos auga, construímos presas, indagamos sobre as propiedades de diferentes plantas…. Mergullámonos en mundos máxicos a través de xogos de rol e aventura a través da lectura e a narrativa e adentrámonos no mundo pictórico de Picasso, degustamos un almorzo á francesa e realizamos un teatro de sombras relatando o aprendido…. Unha xornada emocionante!!!! A primeira de moitas máis!!!
Premede en cada foto para ver todas as imaxes….