Rúa Xián 8, 27296. Lugo, Galicia

Xornadas das matemáticas 2021

Como xa ven sendo habitual, Galén celebra esta semana as súas xornadas matemáticas e ao igual que o curso pasado no cal se tiveron que aprazar e celebrar durante a pandemia de xeito telemático, este ano, tamén, se adaptan á situación sanitaria actual.

Non podemos celebrar o xa coñecido Escape Room, pero mantemos a nosa filosofía de mediante  retos, problemas, enigmas e demais probas adaptadas a cada nivel, achegar outro  tipo de aprendizaxe aos rapaces, pero sobre todo, seguir aumentando a súa motivación cara ás matemáticas.

Este ano, as xornadas matemáticas non só combinan as actividades dixitais coa natureza (grazas á nosa marabillosa contorna), senón que tamén buscan dar a coñecer algunhas das moitas mulleres matemáticas, descoñecidas e olvidadas por gran parte da sociedade.

Seguimos buscando aquelas ferramentas que como docentes nos permitan crear dinamismo na aula e incentivar a motivación do alumnado con actividades que van máis alá da formación e que permiten desenvolver experiencias educativas memorables nos rapaces e rapazas.

Con este tipo de actividades de gamificación, créase un ambiente educativo divertido e colaborativo que se basea na aprendizaxe experiencial por parte do alumnado que participa neles, resultando, un ano máis, un éxito motivacional para o noso alumnado.