Rúa Xián 8, 27296. Lugo, Galicia

Xornadas da cultura en EI

Estamos a piques de rematar o curso, un curso intenso ,cheo de aprendizaxes e boas vivencias.

Xa vedes que fixemos moitas moitas cousas pero non queremos rematar sen contarvos o que argallamos en Infantil nas Xornadas da cultura que comezaron a finais de Abril co Día do Libro e remataron ao redor do día das Letras Galegas, adicadas este ano ao noso xa coñecido Manuel María…..recordades o curso pasado o espectáculo con Uxía e a súa banda….Andando a Terra??

Pois inauguramos as xornadas coa visita á Biblioteca Nodal de Lugo onde, coma todos os anos, nos esperaba Conchita, a Bibliotecaria para contarnos como funciona a biblioteca, os préstamos e os artigos que alí podemos atopar: libros, revistas, pelis, música…. Tamén ela nos fixo entrega, aos nenos e nenas que non tiñamos, do noso carné de lectoras e lectores e que así, cando queiramos investigar ou disfrutar das historias e da fantasía, poidamos ir coas nosas familias a buscar material.
bibliotecaria
lectura

E….aínda nos agardaban máis sorpresas….unha sesión de Maxia co “Mago David”
maxia

Nas aulas continuamos co mundo dos contos e trouxemos da casa os que agora son os nosos libros favoritos. Compartimos a súa lectura cos nosos compañeiros e compañeiras, elaboramos uns marcapáxinas  e fixemos unha exposición dos mesmos no corredor acompañados dun índice co título de cada un deles. Que ben escribimos e lemos xa !!
libro favorito

Este ano as xornadas da cultura estiveron adicadas en todo o cole a Cervantes e a Shakespeare. Nós quixemos achegarnos á personaxe de Don Quijote e limos algunhas das súas aventuras que nos pareceron moi moi graciosas. Como a que máis nos gustou foi a historia de Don Quijote e os muíños de vento fixemos un mural ben chulo con material de refugallo e debuxámonos a nós mesmos como cabaleiras e cabaleiros andantes.
muíños
cabaleirasos

Quixemos tamén disfrutar do mundo da literatura dende o outro lado e….porque non? convertémonos en autoras e ilustradoras a través dos libros viaxeiros. Chamámolos así porque son uns libros baleiros que entre todos e todas imos enchendo de palabras, aventuras, debuxos, imaxes…. coa axuda das nosas familias. É dicir, viaxan cada día a unha casa onde se van transformando e enchendo de historias.

En 1º e 2º de Infantil comezamos a historia na aula para iniciar a viaxe, unha viaxe intensa e divertida, unha historia compartida con vós, as familias, que xa sabedes que en Galén sodes parte fundamental no acompañamento aos vosos fillos e fillas nesta aventura que é medrar xuntos. Grazas!! Aqui tendes o resultado: O LIBRO VIAXEIRO

En 3º de Ei quixemos adicarlle o libro a Manuel María, poeta lugués  que xa coñecemos o ano pasado a través dos seus poemas e no espectáculo que fixemos dende  intantil ata 2º de bacharelato na compaña da grande artista Uxía Senlle e a súa banda de músicos. Así que en lugar de libro viaxeiro quixemos titulalo “POEMAS DE IDA E VOLTA. AVENTURA POÉTICA DA MAN DE MANUEL MARÍA”.

Fixemos así nas nosas casa e coa colaboración das familias,  unha recompilación de poemas do autor e ilustrámolos con diferentes técnicas plásticas e texturas. Foi un paseo do máis agradable e lindo. O poemario está exposto no corredor do cole e aqui o tendes en formato dixital enfeitado coa canción que adican  Uxía e Magín ao Manuel que se titula”Todo me Fala de Ti”. Un bico grande para Uxía tamén dende aqui!!!

Esta canción e outras moitas cos poemas de Manuel María podedes atopalas no álbume: “Canta o Cuco” de Uxía e Magín Blanco.

Así de intensos foron estes dous meses de aventura coa literatura!!!!