Rúa Xián 8, 27296. Lugo, Galicia

Xornadas da Cultura

ACTION BOUND LITERARIO

O alumnado de primeiro da ESO desenvolveu onte á tarde outra actividade enmarcada dentro das xornadas da cultura: a través da aplicación Action bound fixeron unha busca do tesouro cultural e literaria. Cada grupo debía resolver distintas cuestións e misións relacionadas con distintas áreas das letras e da cultura en xeral: viaxaron ata a época do Quixote para fotografarse cos seus personaxes, informáronse en Periódicos de Grecia e observaron a Torre Eiffel ou a Ponte de Leningrado, sen descoidar a creación literaria combinada co deporte, ou a percepción  visual de determinados aspectos do cole nos que quizais non tiñan reparado ata agora. Pasárono ben e aprenderon desde unha perspectiva distinta.

 

IMG_20190509_163027_resized_20190510_113902742