As nenas e nenos de infantil fixemos unha busca do tesoro.
Atopamos a carta dunha señora, Mary Anning, a primera paleontóloga, que nos dicía que fai moitos anos en Galén había dinosaurios, e nos propoñía converternos tamén en paleontólogos e atopar restos dos mesmos
Pero, por onde comezar a buscar? Había algunha pista: pezas dun puzle que nos levaría ao ese lugar.
Non era tan doado!! para conseguir as pezas tiñamos que superar catro probas.
Para conseguir unha das pezas do puzle había que atopar a saída dun laberinto. Outra das pezas atopábase nunha das porterías pero para elo había que programar as bee bot para desprazarse polo panel e ir a figura correspondente. A tercerira peza do puzle atopábase nas rodas do patio pero había que identificar uns números e compoñer unhas figuras de tangram. E, reconstruír unhas serpes seguindo os números era a última proba.
Ao final conseguimos todas as pezas, e montamos o puzle, e sabedes onde nos levaba? a carballeira, que mellor lugar para atopar restos de dinosaurios!!
Alí estaban fósiles de dinosaurios, que emoción!
Para vexades de que vos estamos á falar, deixámosvos estas fotos: