Xa fomos contándovos case ao día como foi a aventura da praia e acampada india. Quedounos por compartir aquí neste espazo virtual como foi o último día, que non por ser o derradeiro foi menos emocionante e intenso. Veredes:
Erguémonos cedo co despertar dos animaliños do bosque: paxariños, cucos, ras…. despois dunha noite de sono reparador e gustoso. E xa dende primeira horiña con moooooitas enerxías e ganas de xogo e aventura.
Almorzamos no comedor en pixama….buf! esta parte é unha das favoritas ano tras ano jeje….Andar en pixama polo cole!!!!!
Despois foi o momento de vestirse, peitearse, asearse, recoller as maletas e….preparadas para os obradoiros indios no campamento “Wapeton” cos que elaboramos a nosa vestimenta india: bolsiño, colar, penacho de plumas e camiseta.
Xa metidos no noso papel dispuxémonos a almorzar e…..apareceu a Xefa India que nos traía un mapa do tesouro agochado no bosque. Axudounos a atopalo e ademais comprobou se eramos realmente Indias e Indios auténticos: sabiamos danzar ao redor do lume? sabiamos a danza da chuvia? e o grito indio?….Por suposto!!! xa sabiamos todo aquelo necesario para ser Indias e Indios de verdade!!!
As nosas tripiñas xa pedían algo de xantar…..tanta emoción e actividade….. para volver despois aos tipies a xogar e gozar da nosa estupenda carballeira.
Xa pola tardiña era tempo de descansar un chisco vendo a peli de Pocahontas para despois marchar coas nosas familias á casiña e….contar (ou non) o vivido.
Para nós foi unha experiencia fantástica!!!! E para vós familias???