Hoxe venres, dentro das actividades programadas en “xadrez na aula” que se realiza no centro educativo Galén, dende 1º E.P. a 4º E.P. , realizáronse unhas partidas simultáneas con dous dos monitores do Clube Xadrez Recatelo, Antonio Nieto e Miguel Ángel.
Os alumnos e alumnas de 3º e 4º de E.P. estiveron por espazo de dúas horas practicando o aprendido dentro das aulas.
Esta actividade está enmarcada dentro da colaboración que mantén o Centro Educativo Galén co Clube Recatelo para o fomento do xadrez.
Aquí vos deixo o enlace para que poi dades ver as fotos.