Hi there!
En Galén Nursery School xa estamos de volta despois dunhas desfrutadísimas vacacións!
Estos primeiros días no cole están a ser moi intensos e emocionantes. Para algúns de nós, supón o comezo dunha nova aventura con novos espazos, profes (algúns deles falan nun idioma que todavía non temos moi controlado) e novos nenos e nenas. Para outros, un esperado reencontro cos nosos amiguiños e amiguiñas despois do verán!
Aínda que para os nenos e nenas de Primeiro de Infantil o momento de despedirnos é o máis complicado do día, os agarimos e colos de Carmen, Cris, Silvia e Alicia fano moito máis levadeiro e xa casi o temos dominado! Tamén o tempo de sesta é un dos momentos difíciles do día xa que os nosos compañeiros e compañeiras de Segundo e Terceiro de Infantil están a xogar no patio pero…como non durmirse despois de tantas emocións e sentíndonos tan arroupados polas nosas profes?
Pero tamén facemos moitas outras cousas ademais da sesta. No noso día a día xogamos nas aulas e no patio, imos a explorar a carballeira, escoitamos contos en inglés, facemos actividades moi chulas cando Conchi e David nos visitan, saímos ao castelo hinchable…Todo isto fai que os nosos días esteñan a ser moi especiais e aínda que polas tardes nos atopamos cansados e con ganas de chegar á casa, tamén estamos agardando voltar ao día seguinte!
Seguiremos contandovos máis cousiñas! Permanecede atentas e atentos!
See you soon 🙂
![IMG_2902[1]](https://live.staticflickr.com/4450/36553600614_df20b201a5_c.jpg)
![IMG_2903[1]](https://live.staticflickr.com/4463/37263249061_d6cf5a3cae_c.jpg)
![IMG_2904[1]](https://live.staticflickr.com/4369/36553608074_9747564cb9_c.jpg)


