Fai unhos días visitounos a nai de Lucas á clase dos Peixes. María veu para falarnos sobre o sistema solar. Foi unha tarde moi agradable na que estivemos moi contentos e contentas de recibila… xa sabedes que nos encanta recibir visitas e estivemos moi atentos e atentas a todo o que nos contaba.
Falounos do sistema solar e para a nosa sorpresa trouxo un enorme Sistema Solar que fixo na casa con Lucas e Nano, o seu irmán.
Contounos un montón de cousas e aprendemos curiosidades como que os días da semana proceden dos planetas. Estudiamos cada planeta e miramos onde se colocaban con respecto ao sol.
Ademais María, case como se fose cousa de maxia, con unha bola do mundo e unha lantera, coa que puidemos entender un chisco mellor o movemento de rotación e o por que dos días e as noites.
Foi unha tarde moi agradable na que aprendimos moitas cousas e na que compartimos un tempo marabilloso coa mamá de Lucas.
Moitas grazas Maria por compartir con nós este ratiño!!!!
Moitos bicos…. Ata a proxima!