Rúa Xián 8, 27296. Lugo, Galicia

Visitanos Carla a mama de Marieta

Fai uns días visitounos a mamá de Marieta. Foi un rato moi entretido e toda unha sorpresa para nós. Estivemos moi contentos de recibila e de poder compartir un anaquiño con ela. Contounos un conto sobre o mar e o que acontece cando non o coidamos e o que pasa ás veces cando os barcos verten petróleo. Estivemos moi atentos e atentas e aprendimos moitas cousas coa personaxe deste divertido conto.

perigo no mar

conto con Carla

Despois, traía para nós unha selección de fotografías do seu traballo e dos animais do mar. Vimos baleas, golfiños, incluso poidemos gozar do fondo do mar da isla da Palma. Era tan bonito e con tantas cores, quedaronnos moitas ganas de visitala e poder ir ao mar.

Carla e as súas fotos

Carla e as suas fotos

A todos os nenos e nenas da clase dos Mouchos deunos moita pena despedir a Marieta e á súa familia, botámosvos en falta e agardamos a vosa visita con moita gana.

Mil bicos