Esta última semana de cole foi unha semana chea de sorpresas e de moitas emocións. Comezamos o luns cunha visita moi especial; a de Adriana a mama de Aitana e o seu can Raúl. Veunos contar a importancia e a responsabilidade de ter mascotas na casa e o traballo que realiza ela como veterinaria na súa clínica.
Primeiro contounos un pouco os coidados e as necesidades das mascotas e a importancia da responsabilidade pola nosa parte para compartir a nosa vida con eles…
Trouxo ao seu canciño Raúl e tivemos a oportunidade de achegarnos a el de xeito correcto como nos explicou Adriano, e puidemos acaricialo e estar un anaquiño con el,….. Que gusto!!
Moitas grazas Adriana, foi xenial poder compartir contigo un ratiño no cole. Pasámolo moi ben!!!
Bicos mil!!!