Rúa Xián 8, 27296. Lugo, Galicia

Visita Nuria: Os Lobos

Ola a todos e todas!!! Un pouquiño tarde pero con moito agarimo facemos esta entrada para contarnos que veu Nuria á Clase dos Lobos e Lobas para darnos unha información suuuuper interesante sobre os lobos.
Como nós xa sabiamos moitas cousiñas tróuxonos… UN ESQUELETE DE LOBO! E, como non, encantounos ver como xuntando os distintos ósos ía collendo forma o noso lobo.

Esquelete

Logo de completar o esquelete puidemos ver o tamaño deste lobo e comparámolo con nós mesmos… as mestras son igual de largas e aos nenos e nenas fáltanos moi pouco… mirade, mirade!

Comparación
Tamén nos trouxo varios cranios, dous de cans, un de reposo e outro de lobo, e nós fixemos de Sherlock Holmes e tivemos que ver en que se diferenciaban e cal era o de lobo… como non, resolvimos o misterio! aínda que nos custou porque o cráneo dun mastín é igual que o do lobo, só se diferencia no dente carnívoro, a que non o sabiades?

Cráneos 1

Rematamos a visita cunha sorpresa que traía preparada Nuria, unha masa na que estampamos as nosas pegadas de lobos e lobas!

Pegadas

Moitíííísimas grazas a Nuria, coma sempre foi un pracer e un privilexio poder contar contigo e cos teus coñecementos! Grazas por todo o esforzo e as gañas que puxeches, agora sabemos un montón máis sobre os lobos!

Chuchiños mil da Clase dos Lobos!