Ola familias: A clase de 3º EP estamos aprendendo un montón de cousas sobre os sentidos. O pasado luns, Maria a mamá de Nano, veu contarnos todas as cousas que sabe sobre o Sistema Braille. Agora xa sabemos que é unha linguaxe que utilizan as persoas con discapacidade visual para poder escribir e ler libros. Trouxo un montón de materiais que usan os nenos e nenas para aprender a ler: unha boneca, contos, a máquina Perkins (que é unha máquina que permite a escritura en Braille), xogos para escribir o noso nome… Comprobamos que é dificilísimo!!! Entre todos e todas escribimos o nome da nosa clase “Los diez fantásticos”. Ademais puidemos sentir sensacións similares as que cremos que poden vivr persoas que non ven: tapamos os ollos, deixámonos guiar por un compañeiro… Familias, recordade que estades convidados a vir e pasar con nós unha tarde aportando novas experiencias. Grazas Maria por vir e compartir con nós a tarde na aula.