Rúa Xián 8, 27296. Lugo, Galicia

Visita da ESO a Sotavento

Esta semana vistamos co alumnado de secundaria o Parque Eólico Experimental de Sotavento na parroquia de Momán en Xermade.

Puidemos aprender sobre as enerxías renovables, os diferentes sistemas de produción, a capacidade que ten Galicia para producilas e o peso que ten na  actual produción de enerxía eléctrica.

Pero tamén aprendemos sobre consumo responsable, eficiencia enerxética e estratexias para facer unha vivenda bioclimática.

Foron dúas xornadas intensas que compartimos co equipo educativo de Sotavento e que nos permitiron comprender de xeito máis vivencial e rigoroso, o complexo modelo enerxético actual, así  como descubrir estratexias máis eficientes desde o punto de vista enerxético.

20181010_105706