As nenas e nenos d e 1º EP visitamos a exposición de esqueletes na Facultade de Veterinaria.
A experiencia foi moi positiva e gozamos moito con todo o que vimos, e con todo o que nos contou Nuria.
identificamos cráneos de diferentes animais, dende o de una vaca até o dun gato. Tamén nos fixo graza ver os cráneos pintandos de distintas cores, Nuria nos comentou que era para diferenciar os distintos ósos, descubrimos así que o cráneo está formado por ósos distintos.
Sorprendéunos moito ver que a parte do dente que está cuberta pola encía, que non se ve, e maior que a parte visible.
Outros órganos que chamaron a nosa atención foron os pulmóns, que textura!
Encantounos todo o que aprendemos. Moitas grazas a Nuria e a Patricia por a súa adicación e paciencia.