A nosa visita a Portomarín:
O día 22 de novembro os alumnos e alumnas de 3º de ESO viaxamos a Portomarín para descubrir a historia dunha vila que quedou sepultada baixo as augas do encoro de Belesar e coñecer a estrutura da vila nova que naceu nos anos 60 diseñada por Pons Sorolla.
Invitados por tartas Ancano visitamos a fábrica que adoza a toda España.
A xornada resultou atractiva e fascinante. Así o expresaron os alumnos/as que tiveron a sorte de gozar desta viaxe.