As nenas e nenos de 1º de EP estivemos en Veterinaria, no museo de Anatomía. Nuria que é profe alí, e mamá dos nosos compañeiros Antía e Xabi, contounos moitas cousas. Ademais acompañounos un ratiño a mamá de Manoel que traballa na facultade.
Primeiro estivemos nunha sala moi ampla onde había vitrinas con esqueletes de animais moi grandes como o de vaca ou cabalo e outros máis pequenos coma o dun gato.
Alí fixemos de investigadores, tiñamos que localizar nos esqueletes expostos o óso que Nuria nos daba: tibias, vertebras, fémur, omóplato..
Tamén poidemos tocar as barbas dunha balea, que son láminas de queratina que ten na boca, non pelo como pensabamos nós, e tamén os dentes cortantes dun tiburón, que afiados!!
Gozamos moito e aprendemos moitas cousas sobre os animais. Moitas grazas a Nuria por compartir momentos tan importantes para nós.