As nenas e nenos de 1º E.P. fomos á Coruña, visitar a Casa do Home.
Tivemos a oportunidade de probar a nosa resistencia, a flexibilidade e o alto que saltamos! Fíxonos moita ilusión ver unha maqueta dun oído, como a que fixemos nós para a Semana da Ciencia. Tamén comprobamos como se dilataba e contraía a pupila coa luz. Entramos nun corazón, e comprobamos como funcionaban as nosas articulacións! Tamén tivemos tempo para sentarnos e comprobar quen era capaz de relaxarse mellor.
Pasámolo moi ben!