Rúa Xián 8, 27296. Lugo, Galicia

Visita á Casa das Ciencias

Os nenos e nenas de 2º de EP fomos a Coruña á Casa das Ciencias. Cando chegamos o primeiro que vimos foi o nacemento duns poliños, tivemos sorte, os ovos estaban a punto de romper e incluso nalgúns deles podiamos ver o poliño dentro, como latía o seu corazón….
Vimos o Péndulo de Foucault, e soubemos que o péndulo que oscila ten unha bola na base que pesa 125 kg, e que o cable que o sostén ten 14 m de lonxitude. Ademais deste péndulo, descubrimos moitos máis e observamos  como a gravidade fai debuxos xeométricos e incluso había péndulos acoplados de formas distintas.

Unha das cousas que puidemos observar é que si botas a andar un dos péndulos, a súa enerxía se transmite ao outro, que chegará a balancearse aínda que non o toquemos. O máis espectacular está construido como unha randeira doble no que cada asento colga dunha barra que permite que se pase a enerxía dun a outro. A sensación foi xenial, e estivemos moito tempo bambeándonos.
Despois fomos xogar ó Parque de Santa Margarida e comimos todos xuntos alí. Pasámolo xenial.
Deixámosvos este vídeo para que vexades o ben que o pasamos.