Rúa Xián 8, 27296. Lugo, Galicia

Ampliamos a data de reserva da viaxe a Westgate On Sea!! Viaxe Westgate verán 2024

Ampliamos a data de reserva da viaxe a Westgate On Sea!!
Ampliamos o prazo para reservar a praza ata mediados de febreiro.
Mantemos o prezo inicial que vos indicamos a finais de decembro. A única variación posible será o axuste no custo do billete de avión, dependendo das tarifas das aeroliñas, no momento da contratación.
Non perdas a ocasión de vivir esta aventura inesquecible!
Para máis información ou para facer a túa reserva, contacta connosco canto antes.

 

Este verán imos a Inglaterra!
Dende Galén propoñémosvos pasar uns días inesquecibles aprendendo inglés e vivindo unha experiencia única. Este curso está pensado para todas e todos, grandes e pequenos, e adaptado ás súas necesidades:
Para os maiores, de 1º ESO a 2º BAC: estadía de dúas semanas en casas de familias anfitrioas.
Para os pequenos, de 5º EP a 1º ESO: unha semana en residencia, nun ambiente agradable e seguro.
Practicarán inglés cada día, tanto nas clases como nas actividades culturais e visitas.
En todo momento estarán acompañados de profesorado de Galén. Consúltanos sen compromiso no teléfono 982265205, no WhatsApp 694445167 e en info@centrogalen.com.

Seguinte