Rúa Xián 8, 27296. Lugo, Galicia

VIAXE A ANDORRA

A pasada semana o alumnado de 6º de EP e 1º da ESO viaxaba a Andorra. Unha semana de esquí, na que o noso alumnado puido gozar do deporte e do xogo con vellos coñecidos, agora xa novos amigos. Foi unha viaxe longa, pero repoñiamos forzas polo camiño… Antes de chegar ao destino paramos un anaco en Andorra La Vella, xa estabamos emocionados. Despois dalgunha que outra compra e do xantar alá fomos a alugar os nosos equipos para esquiar.

Ao día seguinte amencimos entusiasmados, agardábannos 5 días de neve e esquí. Gozamos moitísimo, da neve, dunha pequena rota de sendeirismo, dos paseos e compras en Andorra la Vella, pero sobre todo de volver a atoparnos, nun  algo semellante á normalidade. Batallas de neve, saltos, un aniversario, novas experiencias, e sobre todo novas amizades. Aquí vos deixamos un vídeo, imaxes dunha viaxe xenial con xentiña excepcional.