Rúa Xián 8, 27296. Lugo, Galicia

Viaxamos virtualmente a Alemaña

Todos os anos por estas datas enchemos de roupa e ilusión as nosas maletas para viaxar, neste caso estaba previsto visitar á Selva Negra alemá e fomos.
Comprimimos nunha xornada distintas actividades, falamos do país, dos costumes e das diferenzas culturais, visualizamos videos de anos anteriores, fixemos un concurso de fotografía no que preparamos menús típicos de Alemaña e ata nos caracterizamos coma auténticos Bávaros (sabendo sempre que a Selva Negra está preto de Baviera), e para rematar puxemos a proba os nosos coñecementos culturais sobre o país cun Kahoot.
Foi un día moi divertido, fomos coa maleta sen roupa… pero con toda a ilusión. Immer Deutschland!

 

2º ESO

 

3º ESO