Como en anos anteriores organizamos os campamentos urbanos de verán. O inglés é a lingua das nosas actividades para o que contamos con monitores e monitoras bilingües.

Quendas 2016:

– 27 de xuño  a 1 de xullo.

– 4 a 8 de xullo.

– 11 a 15 de xullo.

– 18 a 22 de xullo.

 

Descarga o dossier informativo aquí.

 

Triptico URBAN 2015

Triptico URBAN INT 2015

 

 

Galén organiza campamentos de verán para nenos e nenas durante os meses de verán, coa fin de colaborar no desenvolvemento integral dos máis pequenos, tamén, durante os seus momentos de ocio.

Cada verán preparamos un programa de actividades moi divertidas, nas que os rapaces e rapazas son os protagonistas activos das mesmas, e nas que se fan novas amizades, mentres se comparten emocionantes experiencias de xogo e descubrimento do contorno.

Galén está situado nun contorno natural inmellorable, o que facilita o desenvolvemento de actividades na natureza, deportivas e de investigación, como eixe vertebral dos nosos campamentos urbanos.

Outra das características dos nosos campamentos é a de contar co English Club, que durante todo o ano favorece a integración do inglés  de xeito lúdico e vivencial, e que durante o tempo estival facilita a posibilidade de xogar e practicar inglés gozando do tempo de lecer.

Entendemos a necesidade dunha educación para o ocio e o tempo libre programada e  axeitada, que ofreza actividades enriquecedoras e posibilitadoras de aprendizaxes culturais e sociais e que contribúa ao desenvolvemento integral dos rapaces e rapazas, un punto de encontro para nenos e nenas entre 3 a 9 anos.

Os grupos de actividades divídense por idades, o que permite un deseño específico das actividades segundo os intereses e motivacións concretas de cada grupo.

Os educadores e educadoras que están en contacto cos vosos fillos e fillas, contan con titulación específica e  gran experiencia dentro do ámbito educativo. Pero é o equipo educativo do centro o que coordina e facilita cada unha  das actividades que se realizan dentro da nosa escola, no contorno ou durante as diferentes saídas que se realizan.

O horario do campamento é de 10:00 a 17:00, de luns a venres. Tamén contamos cun servizo de ampliación horaria de 9:00 a 10:00, asistido por persoal educativo que recibe aos nenos e nenas e promove actividades lúdico-afectivas ata o comezo das actividades propias do campamento.

 Temos servizo de transporte cun percorrido amplo, adaptado, na medida do posible, ás necesidades daqueles que o solicitan e asistidos por azafatas de Galén.

Como é sabido Galén conta cun  servizo de comedor con persoal e cociña propia. A programación de menús equilibrados faise semanalmente  pensando e adaptándose ás necesidades  das/os  máis pequenas/os. Elabóranse dietas específicas puntuais e menús especiais para casos de alerxias ou intolerancias.

Todo esto permítenos:

– Ofertar un tempo de lecer diferente ao da vida cotiá, que favoreza a satisfacción e goce de cada un dos nenos/as que forman os grupos fomentando o seu desenvolvemento integral, individual e social.

– Crear un marco de pedagoxía activa que facilite a autonomía, o espíritu crítico-construtivo, a relación cos outros e o respecto e coidado do contorno natural.

– Favorecer un clima de confianza e comunicación interpersoal cos iguais e cos adultos.

– Promover o desenvolvemento de aptitudes sensoriais, manuais e físicas. – Favorecer a adquisición de actitudes de audacia, entusiasmo, afán de superación, esforzo,…

– Promover o traballo en equipo para acadar fins común.

-Facilitar a conciliación laboral-familiar nos meses vacacionais escolares.