Descarga aquí o dossier informativo.

Descarga aquí a folla de inscrición

Tríptico

Introdución

Dende o ano 2002 Galén organiza campamentos urbanos para nenos e nenas de 3 a 9 anos co fin de colaborar no desenvolvemento integral dos máis pequenos nos seus momentos de ocio así como favorecer a conciliación da vida laboral e familiar.

 

Cada verán preparamos un programa de actividades moi divertidas nas que os rapaces e rapazas son os protagonistas activos das mesmas e a través das cales  fan novas amizades, ao tempo que comparten emocionantes experiencias de xogo e descubrimento do contorno.

 

O Urban English Camp cobre todos os obxectivos relativos ao tempo de ocio e desenvolvemento harmónico e, ademais, un espazo no que a lingua inglesa está sempre presente para así favorecer a integración do idioma de xeito lúdico e vivencial e que durante o tempo estival facilita a posibilidade de xogar e practicar inglés gozando do tempo de lecer.

 

 

Actividades e obxectivos

 

As actividades que se ofertan ao longo das diferentes semanas de campamento serán fundamentalmente lúdicas, dinámicas e exteriores aproveitando o contorno natural no que nos atopamos.

Para a programación das actividades cada ano teremos un centro de interese diferente  ao redor do que se irán artellando as semanas dedicadas cada unha delas a un tema máxico  relacionado co centro de interese.

Isto crea nos participantes  a motivación de saber que pasará ao día seguinte, as ganas de continuar semana tras semana e que todas as actividades teñan unha conexión que lles dea sentido.

Cada semana terá unha programación diferente polo que os nenos e nenas poderán repetir varias quendas sempre con novidades e sorpresas.

 

Algunhas das actividades que se realizan son, entre outras:

-Obradoiros de Cociña                                            -Xogos de auga

-Danzas e bailes do mundo                                     -Cantacontos

-Xogos de gran grupo e estratexia                        -Obradoiros de reciclaxe

-Busca do tesouro                                                        -Inchables 

-Piscina

-Pequenas rotas de sendeirismo.                          -Karaoke    etc…. 

 

Os obxectivos :

 

– Ofertar un tempo de lecer diferente ao da vida cotiá, que favoreza a satisfacción e goce de cada un dos nenos e nenas que forman os grupos fomentando o seu desenvolvemento integral, individual e social.

 

– Crear un marco de pedagoxía activa que facilite a autonomía, o espírito crítico-construtivo, a relación cos outros e o respecto e coidado do contorno natural.

 

– Promover o uso do inglés en situacións cotiás e lúdicas favorecendo  a competencia oral e auditiva.

 

Favorecer un clima de confianza e comunicación interpersoal cos iguais e cos adultos.

 

– Promover o desenvolvemento de aptitudes sensoriais, manuais e físicas e favorecer a adquisición de actitudes de audacia, entusiasmo, afán de superación, esforzo,…

 

– Facilitar a conciliación laboral-familiar nos meses vacacionais escolares.

 

-Promover o traballo en equipo para acadar fins común.

 

 

Localización e instalacións.

Galén está situado nun contorno natural inmellorable que facilita o desenvolvemento de actividades na natureza, deportivas e de investigación como eixe vertebral dos nosos campamentos urbanos.

Conta cunhas modernas instalacións para ofertar diferentes espazos e materiais para a realización de todas as actividades.

 

Os  grupos do Urban English Camp teñen uns espazos de referencia dotados de materiais adaptados ás necesidades de cada unha das idades.

 

Equipo educativo

Os educadores e educadoras que están en contacto cos nenos e nenas contan con titulación específica e  gran experiencia dentro do ámbito educativo. Pero é o equipo educativo do centro o que coordina e facilita cada unha  das actividades que se realizan dentro da nosa escola, no contorno ou durante as diferentes saídas que se realizan.

 

En todas as actividades os nenos e nenas están  acompañados por monitores e monitoras bilingües e nativos. A metodoloxía é activa, participativa, cooperativa, integradora e lúdica.

Os grupos das actividades divídense por idades, dependendo das necesidades dos grupos, o que permite un deseño específico das mesmas  segundo os intereses e motivacións concretas.

 

Transporte

 Contamos cun servizo de transporte cun percorrido amplo, adaptado na medida do posible, ás necesidades daqueles que o solicitan.

 Os  nenos e nenas irán en todo momento acompañados por un dos monitores/as do campamento.

 

Alimentación

O servizo de comedor conta  con persoal e cociña propia. A programación de menús equilibrados faise semanalmente  pensando e adaptándose ás necesidades  das/os  máis pequenas/os. Elabóranse dietas específicas puntuais e menús especiais para casos de alerxias ou intolerancias.

Ademais os nenos e nenas participantes no campamento terán un almorzo a media mañá composto por  froita, bocadillos, galletas, leite,… podendo cada un escoller o que máis lles apeteza en cada momento.

Durante o xantar estarán atendidos/as polos monitores/as de cada grupo así como persoal do propio centro que lles axudará cando sexa preciso e fomentarán que o momento do xantar sexa agradable e forme parte da vivencia do campamento.

Duración

O horario do campamento é de 10:00 a 17:00, de luns a venres. Tamén contamos cun servizo de ampliación horaria de 9:00 a 10:00 no que acompañan tamén os monitores e monitoras que reciben  aos nenos enenas e promoven  actividades lúdico-afectivas ata o comezo das actividades propias do campamento.