Trátese dunha pequena curtametraxe na que estivo traballando o alumnado de 6º EP. Coas restricións, normas e protocolos na pandemia como eixo da trama e un aliño feito cun pouquiño de sarcasmo e moito sentido do humor, a curta trata de achegarnos ao noso día a día no cole nuns tempos que se presentaron complexos e delicados pero que non cambiaron o fundamental, as ganas de aprender, vivir novas experiencias e rir, rir moito.
Podedes ver aquí o noso traballo. Agardamos que o gocedes moito.