Rúa Xián 8, 27296. Lugo, Galicia

TEMPO DE XOGO!

Bó día!

Here we are again!

Esta semana pareceunos interesante compartir por aquí diferentes momentos de xogo. Como sabedes, este é un momento básico nestas etapas e gozamos del en diferentes entornos e espazos, por exemplo, nos patios: o do areeiro, o das rodas, e tamén, nos días que chove, no patio cuberto. Non nos fan falta moitas cousas para xogar e divertirnos, é máis, explotamos a nosa imaxinación cando non temos xoguetes.

Por suposto, na aula, temos outro tipo de xogo, tamén moi variado e enriquecedor xa que gozamos de moitos estímulos.

O xogo é pois unha peza fundamental na infancia xa que contribúe a establecer vínculos sociais , a planificar, organizar e incluso a regular emocións e a sobrelevar o estrés.

Sen máis, despedímonos até a semana que vén, que virá cargada de entroido!

See you then! Take care!Bye!