Rúa Xián 8, 27296. Lugo, Galicia

Tamén cociñamos!

As nenas e nenos de 1º de EP tivemos unha semana chea de experiencias: cociñamos!!

Primeiro tivemos que decidir os platos que íamos cociñar, tiña que ser un menú vexetariano. Despois de moito pensar decidimos: crema de cenoria con picatostes, de primeiro, lasaña de verduras, de segundo, e de sobremesa permitímonos a licencia de preparar panna cotta con coulís de amorodo.

Para comezar fixemos a lista da compra e ao día seguinte fomos ao Gadís a mercar. Alí recibiunos Teté que nos presentou a Javier, que nos ía explicar a pirámide de alimentos e nos ía facer de guía no súper polas distintas seccións. E para rematar, unha sorpresa! o mago David que nos sorprendeu coa súa maxia.
IMG_7217

Pero nós alí íamos a algo máis,  á facer a compra! Por grupos, fomos metendo na cesta todo o necesario para cociñar.
IMG_7216
IMG_7219

E por suposto, despois de tanto traballo un tentempé era necesario!!!

IMG_7218

Xa no cole cortamos as verduras para que Cris, Edgar e Macu  as cociñaran, e tamén preparamos o postre.
foto 1
foto2
foto 3

Pero aínda faltaba algo moi especial para nós, servir aos nosos compañeiros e compañeiras, e tamén aos papás de Nano e Lucas que viñeran comer con nós.
foto 4

Uff, canto traballo!