Good morning!
Esta semana foi súper completa! Estivemos con todos os preparativos do Entroido máis os obradoiros que tiveron lugar ao longo da semana.
O luns comezamos co obradoiro de máscaras. Na clase do bosque fixemos máscaras de animais que habitan nel, mentres que na clase das estrelas fixemos alien masks :). Aproveitamos así, para darlle continuidade aos nosos proxectos de aula.



O martes, contamos coa vosa participación para o obradoiro de maquillaxe. Pasámolo xenial pequenos e grandes ! Non hai máis que ver as imaxes!



Seguimos co mércores! Nesta ocasión tocou obradoiro de cociña. Os nenos e nenas de ambas clases xuntámonos para facer rosquillas de Entroido! Co que gozamos coa cociña vos podedes imaxinar!


E, para rematar, o xoves fixemos un obradoiro de complementos.


Como sabedes, o broche final foi a actuación do venres, pero iso danos para outro post 😉
See you next week!
Enjoy!



