Rúa Xián 8, 27296. Lugo, Galicia

SEMANA DA CIENCIA EN GALÉN 2021

Semana da Ciencia

Do 2 ao 8 de marzo. Presentamos o traballo realizado sobre o mundo dos microorganismos, en tempos de Covid, Galén segur facendo ciencia.
Este ano debido ás medidas sanitarias impostas pola pandemia, preparamos un espazo dixital para o intercambio das experiencias científicas e divulgativas desenvolvidas neste segundo trimestre por todo o noso alumnado sobre o mundo dos microorganismos.
Trás un longo ano de máscaras, distanciamento e hidroxel, queriamos volver a vista a ese mundo microscópico para poñer en valor todos os beneficios que os microorganismos aportan a cotío ao ser humano.
O resultado é o que atopades na páxina web “Ese mundo que non vemos” onde se recollen os proxectos de investigación realizados por cada un dos grupos desde 1º Educación Infantil ata 1º Bacharelato.
Unha viaxe emocionante, que seguro non deixará de sorprendervos.

Semana da Ciencia 2021

Semana da Ciencia Galén 2021