Hi there!
Esta semana, como sabedes, tivo lugar a semana da ciencia no cole. Trátase dun proxecto interdisciplinar no que participa todo o alumnado do centro. Cada grupo escolle un experimento e durante mércores, xoves e venres expóñeno para o resto dos compañeiros, máis aos familiares que se achegaron o venres pola tarde.
No noso caso, focalizámonos no inverno, xa que é o proxecto no que estamos a investigar actualmente.
Comezamos conocendo un pouco de vocabulario relacionado e aproveitamos para facer neve! Simplemente mesturando auga e bicarbonato! Sinxelo e xenial para experimentar!
Despois fomos máis aló e fixemos unha tormenta de neve! Empregamos un tarro no que botamos aceite corporal e engadímoslle auga mesturada con pintura branca. O toque final é unha pastilla efervescente e observar o que pasa…snowstorm!
É unha experiencia fantástica e moi enriquecedora para todos os nenos e nenas xa que amosan o aprendido aos demais, á vez que aprenden tamén dos experimentos do resto dos compañeiros e compañeiras. Isto conleva outros tipos de aprendizaxes como: expresarse en público aos distintos asistentes, empregar o vocabulario axeitado, respectar os turnos de palabra, ademais dunha aprendizaxe máis significativa xa que teñen que expresar coas súas propias verbas o seu experimento.
Nada máis polo momento!
Seguiremos actualizando a semana que vén!
Bye!!