Rúa Xián 8, 27296. Lugo, Galicia

Saímos de excursión. 4º ESO

O pasado mércores o alumnado de 4º da ESO saía de excursión. O obxectivo er pasar un día de lecer cos compañeiros e compañeiras, unha xornada distinta, romper a rutina e celebrar a chegada do verán e dun merecidísimo descanso. Obxectivo conseguido amplamente!!

Saímos de Galén, rumbo á fermosa vila medieval de Mondoñedo. Para o seu descubrimento realizamos un ActionBound que nos axudou a coñecer os lugares máis emblemáticos da vila e descubrir toda a riqueza patrimonial que se agocha en cada unha das súa rúas. Despois da nosa pequena aventura urbana puxemos rumbo a San Estevo do Ermo, Alí seguimos o curso do regato Santo Estevo e gozamos da fermosa fervenza de 15 metros de caída nun entorno natural de gran riqueza biolóxica, bosque autóctono e gran variedade e fentos e musgos. Desfrutamos do xantar no merendeiro preto da ermita, e retomamos o noso camiño, esta vez para gozar dunha fantástica tarde de praia, na Rapadoira, onde xogamos, brincamos, nos bañamos e sobretodo desfrutamos. Velaí o vídeo que montamos, coa aportación das imaxes realizadas por Mario cun dron.

Foi un día xenial!!