Rúa Xián 8, 27296. Lugo, Galicia

Hippies en Galén Nursery School

A Galén Nursery School enfeitouse de flores, cores e moita moita alegría para a nosa saída de fin de curso. Este ano quixemos inspirarnos nos Hippies para pasar dous días do máis divertidos.

Para moitos de nós era a primeira vez que durmiamos fóra da casa e que pasabamos tanto tempo sen ver á nosa familia. Mais para todos e todas foi unha experiencia moi gratificante chea de boas sensacións, amizade, aventura e moita moita ledicia.

O primeiro día marchamos rumbo á “Hapiness Island” neste Hippie-bus que nos preparou Monbus especial para a ocasión. Moitísimas grazas pola vosa implicación!!

 

bus

Na praia gozamos moito dos xogos coa area e coa auga. Fixo un día caloroso e estivemos moi moi a gustiño.praia 3praiaBañamonosAo mediodía gozamos da sombra no pinar e fixemos un picnic para xantar. Recuperamos forzas e despois doutro ratiño pola tarde de praia….un riquisimo “Ice Cream”!ice cream

Regresamos ao cole pola tardiña, no noso bus hippie onde nos agardaba unha grande sorpresa no “Bosque da felicidade”…..dúas personaxes do máis particulares que falaban en inglés: un executivo estresado e unha Hippie que lle axudou a atopar a fórmula da felicidade a través da meditación……Foi superdivertido!!!

teatro 2Teatro

Despois tocou duchas, poñer pixamas, cear e….Lume de Campamento con música tradicional!!! que mellor maneira de rematar o día que con festa non si?
festas 1festa
Durmimos nas tendas de campaña, coas nosas profes e compañeiros e compañeiras, ben arrimadiños e moi moi a gustiño. Toda unha experiencia do máis positiva, de verdade!!!
Ao día seguinte, coas forzas renovadas adicámonos aos obradoiros hippies nos que elaboramos aquelas cousas que nos servían para caracterizarnos coma eles: unha camiseta que tinguimos, unha trenza con plumas para a cabeza, o símbolo da paz e maquillaxe…e mirade que guapos e guapas!!
hippieshippies 6hippies 5hippies 4hippies 3hippies 2hippies 1

E xa así de preparados saímos xogar cando……apareceu outra personaxe hippie que, ademais de contarnos cousas sobre a música que lle gusta, onde vivía e pasar con ela un rato ben divertido trouxo pistas coas que atopar o tesouro agochado no bosque…cheo de doces!!!
hippie ángela

Xa vedes que foron dous días do máis intenso e vivímolos con moita moita emoción.

 

 

Anterior