Fai uns días gozamos da nosa saída do outono na casa de Ío coa súa familia. Tivemos un día marabilloso e puidemos gozar da contorna e da natureza. Subimos ao bus e chegamos con moitas ganas de pasalo ben e de recoller moitos, moitos froitos……
Recollemos noces,cogumelos, landras, follas,…… amasamos e fixemos o pan, encendemos o forno de pedra enorme para facer os nosos boliños de chourizo : Que ricos estaban non si??? Saímos a dar un paseo e nos atopamos cunhas cabras, fomos ver as vacas dos veciños e na súa horta recollemos cabazas!!! Cantas emocións…..
Almorzamos e comemos con moitas ganas porque despois de facer tantas cousas tiñamos moita fame e incluso tivemos tempo para que David e Uxía colleran a gaita e a pandereta para pasar un anaquiño bailando e cantando!!!
Despois de todo isto, dun día tan emocionante e no que o que pasamos moi ben, o bus estaba moi caladiño e o sono entrounos a moitos e moitas de nós.
Moitas grazas a David e a Uxía por facernos pasar un día inolvidable!!!!