Rúa Xián 8, 27296. Lugo, Galicia

Saída á Finca de Mateo

Ola a todos e todas! A derradeira semana de cole estivo chega de sorpresas e de moitas actividades entretidas e xeniais: Carreira da Auga, Ximcana, castelo hinchable, xogos… pero houbo unha saída moi especial que nos serviu de despedida, para pechar ao grande este curso 2017-2018 e foi a visita á finca de Mateo.

Chegamos pola mañá e a familia de Mateo: Moncho, María, Alejandra, Antonio agardaban por nós con toda a ilusión de pasar un día xuntos! Primeiro demos un paseo pola finca e vimos a horta coas patacas, verzas, cebolas… e démoslles de comer ás galiñas! Logo comimos nós e celebramos o cumpreanos de Carmiña cunha tarta e uns cupcakes que fixeron ela e súa nai Zoraida (que tamén nos acompañou neste día), e que nos axudaron a coller forzas para a actividade física que nos agardaba.

Primeiro tiñan preparado un xogo, que consistía en atopar sete ovos agochados pola finca, así, fixemos dous equipos e a buscaaaar. Unha vez atopados fixemos a entrega das medaias e a xogar un anaco na cama elástica, na caravana/casiña, ao fútbol, co coche… así estivemos un bo rato até que a calor nos levou á piscina cuberta e… para que enganarnos, levabamos toda a mañá soñando con meternos e probar a auga, e qué boa estaba!!!

Logo de tanto exercicio tocou comer, e coooomo comimos mmmmmm, coma se non houbese mañá!

Un pouco de xogo libre á sombra, algún bigote que apareceu de súpeto e varios globos despois chegou o momento de irnos, con algo de pena pero moita moita ledicia polo xenial día que pasamos. E para que poidades velo… aquí vos deixamos algunhas imaxes!

FincaMateI

FincaMateII

FincaMate

FincaMateIII

Mil grazas a Mateo, Moncho, María, Alejandra e Antonio por compartir con nós un día marabilloso e facernos sentir na nosa casa! Biquiños mil!!!