O mércores, dentro das nosas Xornadas da Cultura os Peixes e os Lobos visitamos a Biblioteca Nodal. Foi unha experiencia xenial na que gozamos enormemente dos contos.
Cando chegamos nos estaba esperando Sabela que é a encargada da sala infantil e que nos explicou como funciona unha biblioteca e como podemos facer para coller os libros prestados. Como os clasifican, como tratalos, onde colocalos,… Tamén compartiu con nós as novidades dos contos en dimensión que se utiliza cunha aplicación móbil e para a nosa sorpresa tiña preparado un contacontos para nós. Así que, Sara foi a encargada de contarnos o conto de Garbanciño que moitos non coñeciamos e fíxoo xenial porque estivemos superatentos e atentas.
Despois de todo isto, aínda tivemos tempo para gozar dos libros ao noso aire e traer para o cole moitas bolsas cheas para seguir investigando nos nosos proxectos de dinosaurios e estrelas e para gozar do tempo de lectura que temos todos os días.
Moitas grazas Sabela por compartir un anaquiño do día con nós.