A semana pasada os Canguros e os nenos e nenas de 1º EP tivemos unha das grandes saídas de este curso que tanto esperábamos.
O mércores saímos cara a granxa escola Bergando en Negreira e alí nos esperaban moitos animais e un montón de actividades que facer ao longo dos tres días.
Coidamos os animais e demoslle de comer, montamos a cabalo, fomos á piscina, escalamos, tirámonos nunha tirolina marabillosa, fixemos tiro con arco e moito máis pero sobre todo compartimos tres días e dúas noites con nosos iguais con todo o que iso supón.
Foi unha experiencia fantástica que nos fixo sentir cousas marabillosas e nos fixo ter grandes aprendizaxes. Sentímonos moi maiores e voltamos con moitas ganas de repetir.
Bicos mil