Rúa Xián 8, 27296. Lugo, Galicia

Ruta de la Plata 2019

O alumnado de 6º EP e 1º ESO gozamos dun percorrido pola “Ruta de la Plata”.
Nos cinco días que durou a viaxe puidemos observar os restos romanos da cidade de Mérida (Teatro, Anfiteatro, Museo Romano… ), percorrer da man de dous xograres Cáceres e alimentar o noso espíritu crítico analizando as instalacións artísticas do museo Vostell na espectacular paraxe dos Barruecos.
Valoramos, tamén, a diferenza entre dúas fábricas cárnicas, unha de inicios do século XX, no museo da casa chacinera, en Candelario, e,  outra actual, nas instalacións que Iberpro ten preto de Trujillo.
Na última etapa visitamos Salamanca, as súas catedrais, a universidade, a casa das Conchas, a praza maior, … Foi esta a cidade que máis nos gustou, quizais porque foi aquí onde máis tempo dedicamos a pasear polas súas rúas.
Durante estes días compartimos momentos moi gratos cos nosos compañeiros e compañeiras no cámping, na piscina ou nos paseos polas distintas cidades.

WhatsApp Image 2019-05-28 at 09.56.40 (1)