Rúa Xián 8, 27296. Lugo, Galicia

Ruta da Plata 2017

Os rapaces e rapazas de 6º EP e 1º ESO fixemos unha viaxe de estudos pola “Ruta de la Plata”

O luns 29 de maio partimos de viaxe e despois dun xantar en rota e unha parada en Hervás para visitar o seu barrio xudeo, chegamos ao cámping de Cáceres no que nos instalamos.

 
01
02
03
04
05

O día seguinte dedicámolo a ver Mérida. Acompañados de Amalia visitamos o teatro e anfiteatro romano, o museo Rafael Moneo e o templo de Diana entre outros restos romanos. Despois de xantar a beira do Guadiana,  puidemos recorrer algunhas rúas da cidade nos sos e facer compras.

 

10
11
12
13
14
15

 

Xa pola tarde disfrutamos dun baño no embalse de Proserpina.

 

21
22

 

O mércores recorrímos Cáceres na compaña de dous dos integrantes de Cuentatrovas cos que pasamos un rato moi agradable. Despois trasladámonos a Malpartida de Cáceres para visitar o Museo Vostell, un museo de arte contemporáneo. Este museo esta na zona de “Los Barruecos”, un paraxe natural declarado monumento natural.

 

31
32
33
34
35
36
37

 

Pola tarde achegámonos a Trujillo para visitar un secadeiro de xamóns. Despois de ver as instalacións puidemos mercar produtos, que tiveron moito éxito nas nosas familias.

Nun excelente día de calor, regresamos ao camping para darnos un baño.

 

40
41
43
44

 

O xoves, deixamos o camping de Cáceres para ir a Salamanca. No camiño paramos en Monfragüe. Aquí visitamos o centro da Auga e o Centro da Natureza, fixemos un pequeno percorrido, e observamos aves no “Salto del Gitano”

 

50
51
52

 

Cando chegamos a Salamanca instalámonos nos bungalows do Hotel Regio e achegámonos a Salamanca para disfrutar da cidade.

 

O venres foi o noso último día de viaxe. Dedicamos a mañá a visitar Salamanca. Coa axuda de Merche visitamos os lugares máis emblemáticos da cidade: Ponte Romana, Catedral Románica e Gótica, Universidade, Casa das Conchas, Praza Maior, … Tamén tivemos un ratiño para poder facer compras na cidade.

 

60
61
62
63

 

Despois de xantar no Hotel Regio iniciamos o camiño de regreso a Galén onde estaban a esperarnos as nosas familias.

 

70
71