Este ano en Robótica estudamos circuitos en protoboard con diferentes sensores, tamén estudamos o funcionamento dos microchip máis emblemáticos como o Ne555. Construimos xeradores de son mediante variación de frecuencia e sistemas de luces sincronizadas para finalizar montando máquinas autónomas gobernadas por impulsos luminosos.