Rúa Xián 8, 27296. Lugo, Galicia

Proxecto Xestión de Residuos

Dende o seminario de ciencias estamos a desenvolver un proxecto sobre a xestión dos residuos no que está a participar todo o centro. E vós sodes unha parte imprescindible que queremos incluír no mesmo. Ao longo do segundo e terceiro trimestre iremos compartindo con vós moitas das nosas experiencias e descubrimentos.
E para comezar: Engadimos un enlace a unha enquisa que preparou o alumnado de 2º de ESO e que esperamos poidades realizar para axudarnos a coñecer aqueles ámbitos nos que debemos actuar para desenvolver o noso plan de xestión de residuos.
Enquisa residuos

Tamén queremos compartir con vós o vídeo que realizou o alumnado de Cultura Audiovisual de 1º de BAC sobre a recollida selectiva dos residuos. Moi interesante non volo perdades.