Rúa Xián 8, 27296. Lugo, Galicia

Proxecto solidario

Como todos os anos 2º ESO coordina o proxecto solidario de Nadal. Este ano colaboramos co Banco de Alimentos e coa Asociación de Veciños e comerciantes da Milagrosa.

Amadora, responsable do Banco de Alimentos de Lugo, visitounos o luns 12, charlou con toda a secundaria para explicar o traballo que fan na cidade de Lugo e o mércores 14 visitamos o Banco e colaboramos no seu traballo cotián colocando todas as doazóns recibidas. Ata o día 20 recollemos no centro alimentos non perecedeiros destinados ao Banco de Alimentos, agardamos a vosa colaboración.

Ademais, como todos os anos podedes traer xoguetes e roupa para a Asociación de Veciños e comerciantes da Milagrosa.

 

Grazas.

 

img-20161214-wa0005

img-20161214-wa0006

img-20161214-wa0008

img-20161214-wa0009