Rúa Xián 8, 27296. Lugo, Galicia

Proxecto Corpo co Papá de Gadea

Ola a todos e todas!!!!
Fai uns días visitounos Jonatan o papá de Gadea para contarnos moitas cousas sobre o noso corpo e sobre o embarazo xa que estamos nun proxecto de Investigación ao redor do corpo humano e queriamos saber como están os bebés dentro da barriga das mamás e como nacen.
Foi unha tarde moi agradable e divertida e   estivemos moi atentos e atentas e moi espectantes. Aprendemos moito e gozamos da compaña de Jonatan.

Explicounos o que pasa no corpo das mulleres embarazadas e ademais trouxo unha maqueta dunha barriga dunha mama embarazada e o seu bebé dentro. Despois de explicarnos todo isto, fixemos con el uns crebacabezas que nos regalou e nos que puidemos observar os ósos, os músculos, o que nos diferencia aos nenos e nenas,…..
Pasámolo moi ben e aprendemos moito!!!

Moitas grazas Jonatan por vir e compartir con nós un ratiño tan especial!

puzzles

moi atentos e atentas

maquetas

Jonatan e Gadea