Un día chegaron á nosa clase unhas galiñas, fixémonos moitas preguntas sobre elas: que comían, como trituraban a comida se non tiñan dentes, para que lle servían as plumas, si se mollaba o seu corpo cando chovía?..
Comezamos observándoas , investigando nos libros que tiñamos na aula e escoitando aos compañeiros e compañeiras que tiñan galiñas nas súas casas.
Observamos ao microscopio as plumas, un pelo e tamén unha unlla.
Tamén fixemos un experimento para ver se as plumas se mollaban por dentro ou non, e vimos que a auga esvaraba por elas, eran como impermeables.
Aprendemos moitas cousas e pasámolo moi ben.