Rúa Xián 8, 27296. Lugo, Galicia

Programación 2º ESO

Aquí vos amosamos un pequeno resumo dalgúns dos proxectos feitos este último trimestre na materia de Programación.
En Galén somos coñecedores da importancia das novas tecnoloxías no futuro do noso alumnado, pero non só en canto ao mercado laboral, senón tamén en como a programación lle permite afrontar procesos de resolución de problemas complexos, busca de erros e a propia autocorrección ata chegar ao programa desexado.
Despois dun segundo trimestre no que rematamos a programación de xogos con Scracth, aumentamos a dificultade programando os robots con mblock, descubrindo que non sempre é sinxelo, conseguir programar o robot para que faga o que eu desexo.
Por último, metémonos de cheo na programación en HTML coa axuda dun xestor de contidos como é WordPress, e finalizamos o curso dun xeito máis lúdico, deseñando o que se pode converter no chaveiro oficial do centro, imprimíndoo en 3D no propio Centro.