Rúa Xián 8, 27296. Lugo, Galicia

PREMIOS USC AOS MELLORES EXPEDIENTES!!

Onte 7 dos nosos alumnos de BAC eran recoñecidos pola USC polos excelentes resultados acadados no Bacharelato e nas ABAU: Leire Carbajo Rodríguez, Antón Carral López, Álvaro Juíz Díaz, Iria Meilán Sánchez, Marieta Orol Chao, Lucía Rodríguez Pociña e Paula Saá Tourón. Os seus brillantes expedientes oscilan entre 9,8 e 10, e todos eles obtiveron unha nota superior a 9 nas ABAU. Uns excelentes resultados, froito do talento, o esforzo e a constancia durante toda a súa traxectoria académica. Desde Galén queremos expresar a satisfacción e orgullo que sentimos ante tan merecido recoñecemento, orgullo ampliable ao resto do grupo, que fixo un curso excelente e obtivo uns resultados considerables nas ABAU. Noraboa a todos e todas!!!

PREMIOS USC