Hai unhas semanas pasou unha tarde con nós a mamá de Alonso. Como somos a clase das Arañas veu a contarnos moitas cousas sobre estes bichiños, que non son insectos!!. Contamos as patas que tiñan, os ollos; vimos para que utilizaban a tea de araña e tamén os berces que facían para os seus bebés.
Ademais poidemos observar unhas arañas que nos trouxo, algunha xa comezara a tecer unha tea dentro do bote, que interesante!y
Moitas grazas a Henar por compartir con nós un anaquiño do seu tempo.
Aquí vós deixamos estas fotos
A implicación das familias na vida escolar é fundamental de cara a conseguir unha boa integración das nenas e nenos nas aulas para isto é necesario que todos, nenos e nenas e grandes, consideren o cole un lugar seguro, amable e aberto. Así, as nosas aulas están sempre abertas e con gana de recibir á familias para facer cousiñas con nós. Ás veces, a colaboración pode ser no propio centro e outras veces saímos fóra para coñecer o contorno cercano da man de persoas moi especiais!!!
Para nós é fundamental contar co voso apoio e establecer vínculos a través de actividades especiais compartidas, a través do contacto diario na porta da aula e do diálogo constante para poder acompañar da mellor maneira posible a aventura que é medrar ao carón dos nenos e nenas. A familia Galén medra acompañádonos e aprendendo unhas das outras.
As nosas aulas están abertas ás familias para facer cousas do máis variado e esperamos todas con ilusión a vosa visita.
Este curso inaugurámolo ben prontiño coa visita do papá de Gadea, aló polo mes de setembro, para facer unha sementeira de plantas aromáticas: azafrán, menta, macela e romeu.
Falamos das diferentes plantiñas, dos usos que se lle poden dar na cociña, as infusións, como ingredientes de xabóns, perfumes etc…..
Preparamos os sementeiros e etiquetámolos cos nomes das plantas para así despois de postas as sementes saber que estaría medrando en cada un dos oquiños. Observamos a diferencia xa nas sementes e….mans á terra!!!! Terra, sementes, auga, moita ilusión e…..a esperar.
Grazas Jonatan pola visita, pola experiencia e por acompañarnos nunha mañá tan xardineira.