Acabamos de chegar do intercambio de París e estamos moi satisfeitos da nosa visita, tanto alumnado coma profesorado. Tivemos bo tempo, visitamos todos os imprescindibles da cidade da luz: La Tour Eiffel, les Champs Elysés, l´Arc de Triomphe, Place de la Bastille, Place des Vosges dans le Marais, le musée du Louvre, Le château de Versailles, Notre Dame de Paris, le Centre Pompidou etc. Paseamos polo Sena en barco.
Os alumnos/as aproveitaron o tempo libre para visitar máis monumentos, parques, rúas, etc. Feito que amosa a súa autonomía e ganas de aprender, o que nos encantou
Temos que destacar tamén, a boa sintonía cos seus correspondentes, rapaces e rapazas da mesma idade e con moitas ganas de pasalo ben e o seu bo nivel de francés que adquiriron durante anos.
O noso alumnado está agardando con impaciencia acoller os seus correspondentes en Lugo no mes de xuño: visitaremos Lugo, Ourense onde gozaremos das Termas de Outariz e faremos un pequeno tramo do Camiño de Santiago, antes de chegar a Santiago de Compostela.