Rúa Xián 8, 27296. Lugo, Galicia

Parabéns campións!!!!

Os estudantes de 2º BAC de Economía da Empresa:  Lucía Amarelo, Paula López, Lucas Noguerol e Mateo Caderno son os gañadores da fase provincial do concurso Finanzas para todos organizado polo Colexio de Economistas. É un concurso de vídeos curtos elaborado por estudantes de Bacharelato no que deben facer unha presentación razoada sobre unha cuestión económico-financeira anunciada no marco da xornada de educación financeira.

O  obxectivo é promover a adquisición de habilidades que axuden aos estudantes na súa vida escolar, educativa, laboral e social; afondando nunha maior formación para examinar criticamente os pronunciamentos relacionados coa realidade económico-empresarial. O Consello Xeral de Economistas de España tendo presente que o lema do Día da Educación Financeira deste ano é Finanzas responsables. Finanzas para todos, entendendo como Finanzas responsables a capacidade que temos para tomar decisións informadas sobre consumo, aforro, investimento e financiamento, establecendo prioridades sobre as nosas necesidades e obxectivos, sexan persoais, sociais …, propuxo como tema Consumo vs Aforro en tempos de Covid.