Rúa Xián 8, 27296. Lugo, Galicia

Parabéns 1º ESO. Gañadores do XII Certame de Cinema OUFF Escola.

 

O pasado curso, ante un panorama que se presentaba complexo, o alumnado de 6º de primaria decidiu reflexionar sobre o escenario global que tiñamos ante nós e embarcouse nun proxecto que deu como froito unha curtametraxe. O proceso foi ilusionante á par que divertido e enriquecedor.

Ao rematar preséntasenos a posibilidade de compartir a curta nun certame de cinema que se celebraba en Ourense. Aventurámonos a enviar o noso traballo e así compartir con outros coles e entidades o que foi un proxecto do que gozamos en cada unha das súas fases.

A pasada semana recibimos unha chamada na que se nos informaba de que estabamos seleccionados como finalistas de dito certame e o luns 27 de setembro acudiriamos á Gala de entrega de premios.

Que ilusión!!!! Unha gala de cine no Ourense Film Festival 2021.

Pois hoxe foi á Gala de entrega de premios do XII Certame de Cinema OUÏÏ Escola. Acudiamos á cita coa ledicia e ilusión de que a nosa curta fose unha das escollidas como finalistas do certame pero cal foi a nosa sorpresa que, ademais, o xurado considerou que era a GAÑADORAAAAAAAA do certame na categoría de Educación Infantil e Primaria.

Si, si!!!! O 1º premioooooo!!!!!

Se xa fora xenial todo o proceso de creación imaxinádevos que, ademais, tivese tan boa acollida.

Estamos moi contentas e contentos dos froitos recollidos e unha vez máis queremos agradecer todo o apoio recibido.

Tamén felicitar a todos os participantes no certame. Tivemos a oportunidade de ver todas as curtas e están sensacional. Vaia traballos.

Animámosvos a que as vexades na súa web ou canle de youtube.

Links:

           O NOSO VIDEO

Máis de 1200 alumnos participaron nesta nova edición do OUFF Escola